O equipo baby do CB Nigrán participou esta mañá como convidado no V Torneo Interescolar organizado polo CB Redondela, onde gozaron moitísimo desta xornada lúdica.
Os máis pequenos do CB Nigrán quixeron ir acompañados de BANI, a mascota do club, á que se ían turnando a medida que saían ou entraban no campo de xogo.
Acudiron xunto a un total de 11 colexios que gozaron de dous días de baloncesto e diversión e que foron xogando partidos alternándose nas tres canchas habilitadas para tal fin.
Durante o torneo realizáronse diferentes sorteos de roupa deportiva e balóns.
Para finalizar, a organización regalou unha camiseta a cada neno participante para a continuación realizar a foto de grupo.
Desde o CB Nigrán queren agradecer ao CB Redondela a invitación e felicitalos pola excelente organización do torneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario