miércoles, 11 de febrero de 2015

TORNEO MINIBASKET C.B. REDONDELA


O Club Baloncesto Nigrán acudirá ao II Torneo de Minibasket que o CB Redondela organiza o próximo Sábado 14 de Febreiro cun total de seis equipos. Tres equipos de categoría baby, dous de categoría benxamín e un alevín forman este numeroso grupo composto por xogadores e xogadoras das escolas deportivas que o club ten nos colexios de Nigrán. Carlos Casares, que asiste ao torneo con dous equipos, e Cruz Camos, que asiste cun, así como o seu propio grupo de Iniciación formado maioritariamente por alumnos e alumnas do colexio Humberto Juanes, centro educativo que colabora dende hai meses co CB Nigrán. O equipo vinculado do colexio Escultor Acuña de Vigo e o equipo alevín do propio CB Nigrán pechan o conxunto de equipos que viaxará a Redondela.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

/>