sábado, 21 de marzo de 2026

X EDICIÓN BASKET SEN BARREIRAS

 

NIGRÁN XOGA EN EQUIPO POLA INFANCIA: DEZ ANOS DE COMPROMISO SOCIAL LEMBRANDO A PILAR VALERO O CB Nigrán presentou a X edición da súa Basket Sen Barreiras que recadará fondos para Aldeas Infantís O Club Baloncesto Nigrán presentou no Auditorio de Nigrán a X edición do Torneo Solidario Basket Sen Barreiras, unha cita moi especial que se celebrará os próximos días 30 e 31 no pavillón municipal de Panxón. Este evento, xa consolidado como un referente deportivo e solidario, conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Nigrán e o centro Juan María, e nesta décima edición destinará todos os seus esforzos a apoiar o labor de Aldeas Infantís. Durante o acto de presentación proxectouse un emotivo vídeo que repasou unha década de compromiso, deporte e solidariedade. Dez anos nos que o club demostrou que o baloncesto pode ser moito máis que unha competición: unha ferramenta para transformar realidades. Como recoñecemento a este camiño compartido, entregáronse detalles conmemorativos ás entidades que formaron parte desta historia solidaria, entre elas a Asociación Española contra o Cancro, Bicos de Papel, AFAGA, 700 camisetas contra a Leucemia, AEEA ou o centro de Educación especial JUAN MARÍA, AMFIV, así como a Aldeas Infantís, protagonista desta edición. O acto contou coa presenza de representantes de todas as asociacións, a vicepresidenta da Federación Galega de Baloncesto, Susana García e o alcalde de Nigrán, Juan González, quen quixo mostrar o seu apoio a unha iniciativa que une deporte e compromiso social. Esta décima edición tivo tamén un momento especialmente emotivo ao lembrar a figura de Pilar Valero, madriña do torneo desde a súa primeira edición e referente dentro e fóra da cancha. O seu compromiso co deporte e, sobre todo, coas causas sociais, deixou unha pegada indeleble no club e en todas as persoas que forman parte de Basket Sen Barreiras. O seu espírito solidario, a súa proximidade e a súa paixón polo baloncesto seguen moi presentes neste torneo, que continúa crecendo fiel aos valores que ela representou desde o inicio. Este décimo aniversario convértese así tamén nunha homenaxe ao seu legado, lembrando que a súa forma de entender o deporte —como unha ferramenta para axudar aos demais— segue viva en cada edición. Nesta ocasión, o torneo pon o foco no importante labor de Aldeas Infantís SOS, unha organización que traballa para garantir que nenos, nenas e mozas en situación de vulnerabilidade poidan crecer nunha contorna familiar segura e con oportunidades de futuro. A través de programas de protección, educación e apoio a familias, a súa misión é que ningún neno creza só, ofrecendo non só coidados, senón tamén afecto, estabilidade e un fogar. Cada xogador e xogadora participante realizará un donativo en concepto de inscrición, que será depositado nunha urna solidaria instalada no pavillón durante os dous días de competición. Familias, asistentes e veciños tamén poderán sumarse a esta causa achegando o seu granito de area. Ademais, celebraranse distintos sorteos solidarios, destinando integramente a recadación a Aldeas Infantís. O torneo desenvolverase en xornada de mañá e tarde, con tres pistas habilitadas nas que competirán equipos de distintos clubs como Porriño Baloncesto Base, CAB Pontevedra C.D. Miralba ou CB Redondela, entre outros. Preto de 600 nenos e nenas daranse cita neste evento. Todos os encontros estarán arbitrados por membros do Comité da Federación Galega de Baloncesto, que colaboran de forma desinteresada, reforzando o espírito solidario do evento. O tecido comercial local tamén se envorcou coa iniciativa, demostrando unha vez máis a forza da comunidade cando se une por unha boa causa. Durante a rolda de prensa, a directora deportiva do CB Nigrán subliñou que “a liña deportiva do club sempre vai da man de iniciativas sociais, porque cremos firmemente no deporte como vehículo para educar, sensibilizar e construír unha sociedade máis xusta”. En definitiva, Basket Sen Barreiras celebra dez anos lembrándonos que cada pase, cada canastra e cada esforzo na pista pode converterse nunha oportunidade real para cambiar vidas fóra dela, mantendo vivo o legado de quen fixo deste torneo algo moito máis grande que o deporte.

                  















viernes, 31 de octubre de 2025

PRESENTACIÓN TEMPADA 2025-2026.

 O pasado domingo día 26 realizamos a presentación de todos os nosos equipos para esta nova tempada 25-26 na que realizamos unha homenaxe a SANDRA PEÑA .















domingo, 8 de junio de 2025

CAMPUS CB NIGRÁN 2025

 O prazo de inscripción abrirase  a partir do luns 9 de XUÑO. 

Dito campus terá lugar do 7  ao 11 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesad@s en inscribirse deberán cubrir e enviar o cuestionario que aparece no seguinte enlace: INSCRIPCIÓN CAMPUS

EN EL CLUB BALONCESTO NIGRÁN CUMPLIMOS DIEZ AÑOS

El Club celebra diez años de historia desde su refundación y lo hace en una gala llena de emoción y reencuentros.

El acto tuvo lugar en el Auditorio Municipal de Nigrán y  quiso ser un homenaje y reconocimiento a todas las personas, entidades y administraciones que han formado parte de la historia del club a los largo de todos estos años.

Jugadores/as, entrenadores/as, directiva y familias fueron los  grandes protagonistas del evento que contó además con la presencia de Daniel Benavides, Jefe provincial del servicio de deportes de la Xunta, Juan González, alcalde de Nigrán y Julio Bernárdez, presidente de la Federación Galega baloncesto.

Durante la celebración se proyectó un vídeo conmemorativo de estos diez años que emocionó de forma especial a todos los asistentes en la gala, además otros vídeos en los que, diferentes personalidades como Fernando Romay ,el actor Morris  o clubs de baloncesto de diferentes puntos de Galicia felicitaban al club por esta fecha tan especial.

A lo largo de la gala se entregaron diferentes obsequios de agradecimiento y se  destacó la labor del club como espacio de formación personal y colectiva para cientos de niños y niñas del municipio haciendo hincapié en el  trabajo en valores que se lleva a cabo con sus jugadores y jugadoras.

La secretaria del Club, encargada de presentar el acto, explicó durante el mismo que “ trabajamos duro, muy duro pero jamás llegamos a pensar que aquel grupo de apenas 30 personas entre jugadores y familias con los que empezamos pudiese convertirse, 10 años después, en un Club con 11 equipos federados y 200 jugadores y jugadoras”.









sábado, 15 de marzo de 2025

IX BASKET SEN BARREIRAS: UNHA AXUDA PARA MAURI

 O CB Nigrán celebrará o seu torneo Basket Sen Barreiras os días 14 e 15 de abril e este ano a recadación irá destinada á familia de Mauro, un neno de Nigrán que sofre o mal de Alexander e cuxa familia loita para tratar de atopar unha cura a esta enfermidade ultrarrara e neurodexenerativa.

O torneo disputarase os días 14 e 15 de abril no Pavillón Municipal de Panxón e conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Nigrán e a Fundación Social A Caixa.
Para participar, cada xogador achegará cinco euros simbólicos, a modo de inscrición, que serán depositados nunha urna que estará no pavillón os días de torneo; nela, tamén poderán achegar o que queiran os asistentes aos encontros.
Esta urna solidaria terá máis vida que a dos días de torneo. Durante a semana previa, percorrerá os centros educativos de Nigrán para que todas as familias e docentes que o desexen, poidan achegar o seu granito de area.
Aqueles que non poidan asistir ou que se atopen fose do municipio pero queiran tamén colaborar coa causa, desde o CB Nigrán abriron un número de conta destinado a recibir donativos ata o 15 de abril: ES05 2100 4790 4002 0020 2834 (Caixabank). No concepto deberá especificarse "Donativo Torneo Axuda para Mauri".
Tamén se celebrarán sorteos e rifas, e a recadación irá integramente destinada á Asociación Española de Enfermos de Alexander.
O torneo desenvolverase os dous días en horario de mañá e tarde, con 3 pistas no pavillón nas que xogarán equipos dos diferentes clubs participantes. Ademais, todos os encontros contarán con árbitros do Comité da Federación Galega de Baloncesto que colaboran de forma desinteresada no torneo.
/>