sábado, 21 de marzo de 2026

X EDICIÓN BASKET SEN BARREIRAS

 

NIGRÁN XOGA EN EQUIPO POLA INFANCIA: DEZ ANOS DE COMPROMISO SOCIAL LEMBRANDO A PILAR VALERO O CB Nigrán presentou a X edición da súa Basket Sen Barreiras que recadará fondos para Aldeas Infantís O Club Baloncesto Nigrán presentou no Auditorio de Nigrán a X edición do Torneo Solidario Basket Sen Barreiras, unha cita moi especial que se celebrará os próximos días 30 e 31 no pavillón municipal de Panxón. Este evento, xa consolidado como un referente deportivo e solidario, conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Nigrán e o centro Juan María, e nesta décima edición destinará todos os seus esforzos a apoiar o labor de Aldeas Infantís. Durante o acto de presentación proxectouse un emotivo vídeo que repasou unha década de compromiso, deporte e solidariedade. Dez anos nos que o club demostrou que o baloncesto pode ser moito máis que unha competición: unha ferramenta para transformar realidades. Como recoñecemento a este camiño compartido, entregáronse detalles conmemorativos ás entidades que formaron parte desta historia solidaria, entre elas a Asociación Española contra o Cancro, Bicos de Papel, AFAGA, 700 camisetas contra a Leucemia, AEEA ou o centro de Educación especial JUAN MARÍA, AMFIV, así como a Aldeas Infantís, protagonista desta edición. O acto contou coa presenza de representantes de todas as asociacións, a vicepresidenta da Federación Galega de Baloncesto, Susana García e o alcalde de Nigrán, Juan González, quen quixo mostrar o seu apoio a unha iniciativa que une deporte e compromiso social.














No hay comentarios:

Publicar un comentario