sábado, 15 de marzo de 2025

IX BASKET SEN BARREIRAS: UNHA AXUDA PARA MAURI

 O CB Nigrán celebrará o seu torneo Basket Sen Barreiras os días 14 e 15 de abril e este ano a recadación irá destinada á familia de Mauro, un neno de Nigrán que sofre o mal de Alexander e cuxa familia loita para tratar de atopar unha cura a esta enfermidade ultrarrara e neurodexenerativa.

O torneo disputarase os días 14 e 15 de abril no Pavillón Municipal de Panxón e conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Nigrán e a Fundación Social A Caixa.
Para participar, cada xogador achegará cinco euros simbólicos, a modo de inscrición, que serán depositados nunha urna que estará no pavillón os días de torneo; nela, tamén poderán achegar o que queiran os asistentes aos encontros.
Esta urna solidaria terá máis vida que a dos días de torneo. Durante a semana previa, percorrerá os centros educativos de Nigrán para que todas as familias e docentes que o desexen, poidan achegar o seu granito de area.
Aqueles que non poidan asistir ou que se atopen fose do municipio pero queiran tamén colaborar coa causa, desde o CB Nigrán abriron un número de conta destinado a recibir donativos ata o 15 de abril: ES05 2100 4790 4002 0020 2834 (Caixabank). No concepto deberá especificarse "Donativo Torneo Axuda para Mauri".
Tamén se celebrarán sorteos e rifas, e a recadación irá integramente destinada á Asociación Española de Enfermos de Alexander.
O torneo desenvolverase os dous días en horario de mañá e tarde, con 3 pistas no pavillón nas que xogarán equipos dos diferentes clubs participantes. Ademais, todos os encontros contarán con árbitros do Comité da Federación Galega de Baloncesto que colaboran de forma desinteresada no torneo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

/>